Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cadáver de Álvaro Prieto presenta sinais compatibles cunha descarga eléctrica

O cadáver de Álvaro Prieto presenta sinais compatibles cunha descarga eléctrica

Apareceu entre dous vagóns dun tren avariado na estación de Santa Justa

G24.gal 16/10/2023 20:08 Última actualización 16/10/2023 20:22

A Policía Científica identificou o cadáver e confirmou as sospeitas. O corpo atopado entre dous vagóns dun tren na estación sevillana de Santa Justa é o do mozo cordobés Álvaro Prieto, de 18 anos.

A autopsia determinará como faleceu, pero unha análise preliminar do cadáver apunta a unha morte accidental. As súas mans presentarían queimaduras compatibles cunha descarga eléctrica.

O corpo atopouno por casualidade un reporteiro que gravaba fóra do perímetro onde se realizaban as tarefas de busca. Foi no momento en que un tren, que, segundo Renfe, levaba meses avariado e parado na zona de talleres, emprendía a marcha nunha manobra interna fóra de servizo.

Confirmada a identidade sucedéronse as mostras de pesar polo tráxico desenlace na desaparición do xogador dos xuvenís do Córdoba Club de Fútbol.

A Álvaro vírono por ultima vez na estación na mañá do 12 de outubro. Quería volver a Córdoba tras pasar a noite de festa en Sevilla, pero perdeu o tren e quedou sen bateria no móbil. Intentou coller o seguinte pero baixárono porque non tiña billete. Hai imaxes del saíndo de Santa Justa, pero tamén testemuñas que aseguran que volveu intentar acceder á estación varias veces.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade