Cargando resultados...
Un sexaxenario resulta ferido grave nun atropelo en Vigo
A vítima cruzaba fóra do paso de peóns cando foi arrolado por un turismo
Foi trasladado en estado grave ao hospital Álvaro Cunqueiro
G24.gal
08/04/2026 18:32
Un sexaxenario resultou ferido grave nun atropelo en Vigo. O peón aparcara a moto do outro lado da vía. Atravesou a calzada de Gregorio Espino, moi preto da antiga estación de autobuses de Vigo, para ir comer a un mesón, e nese momento foi arrolado por un turismo que se dirixía cara aAvenida de Madrid.
Mentres a ambulancia estabilizaba á vítima, o tráfico permaneceu cortado. O home foi trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro en estado grave.