Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela supera o Roldán e xogará a final de liga contra o Futsi

O Burela supera o Roldán e xogará a final de liga contra o Futsi

G24.gal 18/06/2022 21:25

O Pescados Rubén Burela xogará a final de liga na que buscará o seu quinto título.

No partido de volta das semifinais foi capaz de superar a resistencia dun Roldán (3-2) que tivo opcións ata o final. De feito, Mayte Mateo adiantou ás murcianas no primeiro tempo. Pouco despois empatou Peque. O 1-1 co que se chegaba ao descanso igualaba o resultado do partido de ida.

Nada máis comezar o segundo tempo, Emilly Marcondes marcou un golazo para colocar o 2-1 e, minutos despois Peque ampliou a vantaxe das laranxas. Aínda así houbo emoción ata o final xa que Mayte logrou o 3-2 e o Roldán buscou o empate que levaría o partido á prorroga co 5 para 4.

O Burela, moi experimentado nestas situacións, defendeuse ben, e estará nunha nova final. O seu rival será o Futsi Navalcarnero que tivo que empregarse a fondo para remontar a eliminatoria que o medía co Melilla. Gañaron as madrileñas por 6-2, recuperando o 2-0 da ida, nun partido que se decidiu nos intres finais.

O primeiro partido disputarase en Burela e a volta en terras madrileñas a vindeira semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos