Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Burela gaña ante o Poio a súa quinta Supercopa consecutiva

O Burela gaña ante o Poio a súa quinta Supercopa consecutiva

Derrotou ao Poio Pescamar na final por 1-0 cun gol de Dany

G24.gal 04/02/2024 23:17

O Burela Pescados Rubén segue a mandar no trofeo da Supercopa. Por quinta edición consecutiva (sexta na súa historia) levou o título gañándolle no duelo galego ao Poio Pescamar grazas a un solitario gol da capitá Dany Domingos. 

Non se viu o mellor partido: a tensión, o coñecemento dos dous equipos, a importancia dun título en xogo, demasiados condicionantes para que viramos a mellor versión de ambos os equipos. As defensas predominaron e foi o tino da veterana Dany o que decidiu no segundo tempo. 

O Poio Pescamar volveu quedar, igual que en 2021, ao bordo de lograr o seu primeiro título nunha competición deste nivel. Algo ao que está afeito un Burela que perde xogadoras pero segue mantendo o seu xene competitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar