Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Burela derrota o Envialia e queda como o único galego na Copa de fútbol sala

O Burela derrota o Envialia e queda como o único galego na Copa de fútbol sala

As da Mariña gañaron por 5-1 nun partido que encamiñaron na primeira parte cun dobrete de Cilene

G24.gal 06/05/2022 22:41

O Burela Pescados Rubén meteuse nas semifinais da Copa da Raíña de fútbol sala feminino despois de gañarlle ao Ourense Envialia por 1-5. 

O partido quedou moi encamiñado no primeiro tempo cun dobrete da brasileira Cilene. O Burela controlou o partido ata o treito final no que se sucederon os goles. 

Ale de Paz anotaba o 0-3. Na seguinte xogada Laura Uña recurtaba diferenzas para o Ourense e, case sen tempo para sacar de centro, Peque sorprendía marcando o cuarto do seu equipo. O resultado pechouno Emily poñendo o definitivo 1-5. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade