Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán suma a segunda vitoria contra o Granada, rival directo

O Breogán suma a segunda vitoria contra o Granada, rival directo

Os de Luis Casimiro aseguraron o triunfo nun primeiro cuarto en que fuxiron a máis de 20 puntos

Despois so tiveron que administrar a renda ata o 95-74 final

Foto: EFE
G24.gal 01/11/2025 22:44

O Breogán acadou a segunda vitoria da temporada, e fíxoo diante do Granada, rival directo ao que deixa aínda sen vitorias na última praza da táboa. Foi nun partido que se decidiu xa no primeiro cuarto. O Granada so foi por diante un par de veces no inicio. A partir de aí, o maior acerto dos lugueses fíxoos distanciarse no marcador. Destacaron os 38 puntos que anotaron os de Casimiro, nunha actuación coral incrible en que anotaron ata 10 xogadores. E deixaron ao Granada nuns paupérrimos 14 puntos.

No segundo cuarto melloraron algo os andaluces, que levaron o parcial deixando ao Breogán en 13. Aínda así, ao descanso chegábase cun 51-36 moi cómodo.

Na segunda metade o Breogán recuperou o rítmo, e volveu impoñerse noa dous parciais por 20-17 e 24-21, asegurando ese importante segundo triunfo. Alonso comandou a anotación con 18 puntos, escoltado por Russell e Mavra, que remataron con máis de dez puntos. No Granada, Costa quedou en 12.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade