Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán resiste ata a segunda parte na pista do colíder

O Breogán resiste ata a segunda parte na pista do colíder

Os lugueses mantiveron o ritmo anotador do Baskonia ata o descanso

Na segunda metade acabaron cedendo vantaxes superiores aos vinte puntos

Foto: EFE
G24.gal 30/04/2023 22:43

A visita ao Buesa Arena, a pista do Baskonia, non era a praza ideal para buscar un novo triunfo, aínda que os bos números do equipo de Mrsic como visitante invitaban a pensar nunha nova fazaña.

Os dous primeiros cuartos alimentaron as esperanzas do Breogán, xa que os cederon por catro puntos cada un ata o 45-37. A falta dun só minuto para o descanso a desvantaxe era só de tres puntos, pero eses últimos 59 segundos comezaron a desnivelar a contenda.

Na segunda metade comezou a aumentar a diferenza, que superou os dez puntos nos últimos minutos do terceiro cuarto.

E, no primeiro ataque do último parcial, unha tripla de Howard colocaba o +20 a prol do Baskonia, unha renda irrecuperable. O 97-76 deixa ao Breogán a tres triunfos do 8º posto do Valencia, con so catro xornadas por diante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos