O Breogán recibe mañá ao Joventut de Ricky Rubio, que volve a Lugo vinte anos despois
O equipo de Luis Casimiro busca a duodécima vitoria, que certificaría a permanencia e permitiría soñar con obxectivos maiores
Dicía Gardel que 20 anos non é nada. Son os que pasaron desta imaxe dun Ricky Rubio adolescente. En xaneiro de 2006 xogou por primeira e única vez en Lugo. Logo das neves dos tempos, toca volver para ser a unha das principais ameazas do Joventut no Pazo.
No Joventut non estará o mancado Tomic, pero si outro croata de 17 anos, Michael Ruzic. E outro dos alicientes será ver a estrea de Jordan Walker, a última incoportacion lucense.
O Breogán ten a primeira oportunidade para obter a décimo segunda vitoria, o obxectivo prioritario do inicio da temporada. Outro reto, mellorar os números no Pazo, onde só chegaron cinco vitorias.