Cargando resultados...
O Deportivo visita un rival directo en Burgos
Os de Hidalgo acumulan sete xornadas sen perder e defenden o segundo posto
G24.gal
25/04/2026 14:03
Asaltar o Plantío, onde o Burgos só recibiu once goles e perdeu tres partidos, converteuse nun novo reto para un Deportivo en alza que leva sete xornadas invicto.
Un dos reponsables desa boa marcha burgalesa é un vello coñecido da afección coruñesa, o ex deportivista Ramis, que ve o seu rival como un equipo de superior categoría.
A recuperación de Yeremay para esta recta final do Campionato alimenta as ilusións do deportivismo e do propio Antonio Hidalgo de cara as últimas xornadas.
O máis importante para o Deportivo será repetir un triunfo como o da pasada temporada en Burgos onde se impuxo cun gol de Mario Soriano.