O Celta busca volver mañá á senda do triunfo en Vilarreal
O equipo de Giráldez é o terceiro mellor visitante da Liga
Tras visitar o líder, o Celta ten mañá outro compromiso de altura, co terceiro clasificado da liga, un Vilarreal que só perdeu dous partidos na casa.
E alí xoga o Celta cun propósito: que a recuperación do seu xogo se traduza agora en puntos. O Celta é o terceiro mellor visitante da liga, só perdeu tres partidos fóra.
Ante o Vilarreal, ademais da ausencia de Starfelt, non estarán nin Williot nin Vecino. Entra Hugo González na convocatoria. Un Celta que, en palabras de Giráldez, está moi vivo: "Estamos sétimos, como o ano pasado, cun punto máis. Estamos moi vivos, coa sensación de que se estamos ao noso mellor nivel, xogaremos Europa."
O técnico falou da dosificación de Iago Aspas: "Fixéronseme curtos todos os partidos que vin xogar a Iago, pero hai que xestionar as cargas. Iago non está agora mesmo para xogar 90 minutos, porque imos cara o partido 50 da temporada", indicou.
Sobre o Vilarreal, comentou: "É un equipo con talento, que xoga de memoria"