Casimiro: "Prefiro non dicir Europa por se non o conseguimos"
O Breogán recibe o Joventut de Ricky Rubio, no que será o primeiro partido que Jordan Walker diputará como xogador celeste
O Río Breogán recibe este domingo ao Pazo ao Joventut a partir das 12.00 horas. O club catalán vén de conseguir unha valiosa víctoria en Burgos, que supuxo a súa salvación virtual, co que afrontará o gozando de certa tranquilidade. O obxectivo agora é Europa? Casimiro é prudente.
"Prefiro non dicir Europa por se non o conseguimos".
Será un día importante no Pazo, xa que será o primeiro partido que Jordan Walker diputará como xogador celeste tras a súa recente incorporación ao persoal, como reforzo tras a baixa por lesión de DeWayne Russell.
Ademais será tamén a primeira vez que Ricky Rubio volva pisar o parqué lucense tras a súa volta ás canchas.
"Ricky Rubio é unha lenda, unha icona, tantas virtudes... foi xogador NBA brillante. Hai que gozar del. Hai moita xente que vai vir ao partido por ver a Ricky Rubio".
O base do Joventut xogou unha vez no Pazo, foi no ano 2006.