Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán quere manter as boas sensacións en Xirona (21:00h)

O Breogán quere manter as boas sensacións en Xirona (21:00h)

O Xirona de Moncho Fernández acadou as súas seis vitorias na casa

G24.gal 06/12/2025 12:57

A útima imaxe que non deixou a liga ACB foi a ledicia do Río Breogán logo dun partido casi perfecto. Quince días despois, regresa a competición cun duelo clásico, unha visita a Fontajau, a un Xirona que se fai forte na casa. Alí logrou os seus tres triunfos. Gran Canaria, Barcelona e Granada non tiveron opción na pista xerundense.

Fronte a fronte dous adestradores que se coñecen á perfección, Luis Casimiro e Moncho Fernández. Os dous clavan a chave principal do partido.

Outra das incógnitas é saber como afecta o viros FIBA logo das fiestras. O parón permitiulle ao Breogán recuperar todos os efectivos para esta cita correspondente á novena xornada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade