Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán queda sen Toni Nakic para a fase de grupos da Champions

O Breogán queda sen Toni Nakic para a fase de grupos da Champions

O aleiro terá que pasar polo quirófano por unha lesión no xeonllo esquerdo

G24.gal 31/08/2023 20:04

Comeza mal a pretemporada para o Breogán. Toni Nakic sufriu unha lesión no adestramendo do pasado martes que resultou moito máis grave do que se agardaba. 

O xogador terá que pasar polo quirófano para corrixir un problema no menisco do xeonllo esquerdo. O club será o que informe dos prazos de recuperación, pero no comunicado que sacou agarda que o xogador "poida reincorporarse ao traballo co grupo na segunda parte da tempada". 

Nakic será operado dentro de dúas semanas e nese momento saberase cando pode volver ás pistas. As primeiras previsións sitúan o regreso no mes de decembro, daquela perdería case todos os partidos da Basketball Champions League. O club irá ao mercado para fichar un temporal que cubra a ausencia de Nakic. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade