O Breogán presenta dous xogadores de moitos quilates: Juan Fernández e Mark Sisko
O Breogán presenta dous xogadores de moitos quilates: Juan Fernández e Mark Sisko
Juan Fernández reforza o poste alto e Mark Sisko a dirección do equipo
O Breogán presentou a dúas fichaxes de quilates: Juan Fernández e Mark Sisko.
O pivote arxentino iniciou a súa carreira no baloncesto no Club Atlético Unión da súa cidade natal, formando parte da selección arxentina desde moi nova e sendo convocado pola selección absoluta nas últimas xanelas FIBA. En 2019 chegou ao Fuenlabrada, onde ampliou a súa formación desde o equipo xuvenil ata formar parte do equipo da liga Endesa, polo tanto, trátase dun xogador de cota e, deste xeito, o equipo lucense xa ten os catro que esixe a ACB.
O Breogán tamén presentou o base internacional esloveno Zan Mark Sisko, quen xogou o últimas tres tempadas na Euroliga co Bayern alemán.
Sisko iniciou a súa carreira no seu país co Union Olimpija Ljubljana e o LTF Castings Skofja Loka. Antes de asinar polo Bayer no verán de 2019, o base pasou polo Cibona de Zagreb croata, o Irilija Ljubljana e o SIXT Primorska Koper, co que gañou a liga e Copa en Eslovenia no curso 2018-19.