O Breogán non pode co Gran Canaria nun partido moi igualado (81-92)
Un mal final condenou aos de Luis Casimiro, que quedan con dúas vitorias e catro derrotas
Na liga ACB, o Río Breogán non puido co Gran Canaria nun duelo no que os insulares foron superiores pero no que houbo opcións ao final para os lucenses.
O inicio do partido foi de claro dominio do Gran Canaria, que non tardou en tomar diferenzas que chegaron a ser de 19 puntos. Un bo final de segundo cuarto, cun 7-0 para o Breogán, permitiulle afrontar con posibilidades os instantes decisivos.
E é que no último cuarto, os de Luis Casimiro reduciron a súa desvantaxe ata os 5 puntos. E tiveron a ocasión de colocarse a dous. As triplas de Francis Alonso nesta ocasión non entraron. Decisivo foi tamén o rebote ofensivo, con 16 capturas dos canarios no aro breoganista. Unha tripla de Brussino, a un minuto do final, deixou o partido decidido. O Río Breogán queda con dúas vitorias e catro derrotas.