Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán esmaga o Fuenlabrada nun terceiro cuarto primoroso

O Breogán esmaga o Fuenlabrada nun terceiro cuarto primoroso

Conseguiu un parcial de 18-37 neses dez minutos cos que decidiu o partido

G24.gal 12/03/2023 22:06

O Breogán logrou a sexta vitoria como visitante e deixou a salvación case pechada. Gañou na pista do Fuenlabrada (outra máis ante un rival directo) por un claro 73-92 grazas a un terceiro cuarto no que rozou a perfección. 

A entrada no partido xa foi moi boa. Hollatz e Nakic saíron desde o banco con moito tino, e os de Mrsic conseguiron unha vantaxe de oito puntos (16-24). A dinámica mudou no segundo período, no que o Fuenlabrada recuperou a desvantaxe e equilibrou o marcador (39-38).

O do terceiro cuarto foi un recital. 4/5 en triplas, 11/14 en tiros de dous. O Breogán fixo unha valoración de 50 e deixou visto para sentenza o partido con dez minutos por diante. O marcador deste cuarto fala ás claras: 18-37 para poñer un 57-75 demoledor. De feito, o último cuarto foi o do lixo, co Fuenlabrada tentando maquillar un resultado claro e contundente para os galegos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade