Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán despídese da temporada no Pazo contra o Manresa

O Breogán despídese da temporada no Pazo contra o Manresa

No club queren pechar o curso cunha festa malia as últimas derrotas

G24.gal 13/05/2023 14:24

O Breogán despide a temporada no Pazo enfrotándose o Manresa co obxectivo de rachar cunha serie de seis derrotas consecutivas e recuperar a imaxe amosada o longo da temporada.

Veljko Mrsic anuncia que "imos tentar facer unha festa xuntos de bo baloncesto e despedirse dunha temporada no Pazo que foi moi boa".

"Creo que nos merecemos rematar ben e o imos dar todo", indica Sergi García.

O ambiente en Lugo anda revolto pola última derrota sufrida en Bilbao, no que o equipo perdeu o average cun rival directo na loita por Europa.

Sergi García cre que "estes últimos partidos os que nos sentimos máis culpables somos os xogadores, sabemos os erros que fixemos, ninguén de nós sae a perder un partido".

Veljko Mrsic di que "Europa para nós sería un premio que nuns aspectos nos viría moi ben, pero por outros nos perxudicaría, entón imos ver, oxalá que poidamos xogar".

Malia todo, o técnico acepta as críticas: "Hai xente que é positiva e que vai ver cunhas lentes e outros que van poñer outras máis escuras".

O breoganismo aposta por un final feliz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar