O Breogán cae contra un Valencia superior malia ao bo comezo no Pazo (90-113)
O partido tivo uns rexistros anotadores de triplas para a historia da ACB
O Breogán cedeu a vitoria diante do Valencia Basket, un rival teóricamente superior, pero fixo soñar ao Pazo coa fazaña durante un moi bo primeiro cuarto. De feito, gañou este primeiro parcial por 27 a 20, pero perdeu os tres seguintes diante do Valencia, equipo que xogou a ritmo de vertixe cun cadro de xogadores estelar, e que chegou a anotar 113 puntos.
O festival de triplas por parte de ámbolos dous equipos foi memorable: os de Luis Casimiro anotaron 15 de 33, un 40% por cento que está realmente ben. Pero os de Pedro Martínez tiraron máis e mellor desde máis aló da liña: 19 de 39, case un 50 por cento, unha auténtica barbaridade para lembrar na liga Endesa.
Un dato: o Valencia fixo mellor porcentaxe de tres puntos que o Breogán nos tiros de dous.
No capítulo individual destacaron Mavra, con dez puntos e seis asistencias; Francis Alonso, 19 puntos e 21 de valoración. E tamén Kurucs, con 17 puntos, e cinco de sete desde máis aló da liña de tres puntos.