Cargando resultados...
O Breogán busca confirmar a súa mellora diante do Gran Canaria
No Pazo enfróntanse dous rivais cunha idéntica bagaxe de 2 vitorias e 3 derrotas (19:00h)
G24.gal
08/11/2025 13:16
Dúas vitorias e tres derrotas. Idénticos son os números que manexan o Río breogán e mailo Gran Canaria neste inicio de liga. e Idénticas tamén as sensacións, as de dous equipos que van a máis. O Breogán, co bo sabor da enchente ofensiva do primeiro cuarto fonte a Granada, Os insulares derrotando o Andorra e tentando emendar un difícil inicio do derrotas fronte a Real Madrid e Unicaja. Os de Lakovic chegan a Lugo coa lección ben aprendida.
Pasaron xusto 11 meees da estrea de Luis Casimiro e Víctor Pérez co Breogán. Fora en Gran Canaria e fora con triunfo. Toca repetir á historia, pero ao abeiro do Pazo.