Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán busca a segunda vitoria da temporada diante do Granada, que aínda non gañou

O Breogán busca a segunda vitoria da temporada diante do Granada, que aínda non gañou

O encontro dispútase no Pazo a partir das 21h da noite

G24.gal 01/11/2025 12:36

Poucos partidos hai, ao longo do ano, de máis rivalidade directa que os Granada-Breogán, ou os Breogán-Granada, como neste caso. Hai dúas temporadas os lucenses deran un paso decisivo para a permanencia en terreo nazarí. O ano pasado, os andaluces dinamitaron o Pazo e levaron por diante a Mrsic, destituído tres días despois. Agora atópanse axiña, na quinta xornada, e xa con moito en xogo.

Cero vitorias e 4 derrotas é bagaxe dun Granada, repescado este ano tralo fiasco do Betis. Conta no equipo cos anotadores Bozic, Matt Thomas e Valtonen, aos que se lles uniu hai unha semana o experimentado Lluis Costa.

Co equipo ao completo e coas boas sensacións dos dous últimos partidos afronte o Río Breogán esta primeira cita marcada en vermello intenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade