Cargando resultados...
O Breogán busca a 13ª vitoria da temporada en Manresa (20:45 h)
Luis Casimiro volve ao lugar en que gañou a Liga ACB
G24.gal
03/05/2025 14:21
Terceira viaxe consecutiva a Cataluña. Despois de Lleida e Xirona o Breogán visita Manresa para medirse a un equipo de play off con moitas posesións, que corre e rebotea ben en ataque. O Manresa do galego Diego Ocampo.
No ano 1998 Luis Casimiro gañou a Liga ACB co TDK Manresa, con Derrick Alston como estrela, ese ano naceu o fillo do mítico xogador estadounidense, Alston xunior, que esta noite estará enfronte do agora técnico breoganista.
Anular a Alston Júnior e recuperar as boas sensacións desde o perímetro son chaves para Casemiro, porque...
Pois cunha tripla coma esta podería conseguir o Breogán en Manresa a súa décimo terceira vitoria desta campaña.