O Breogán asinou en Manresa ata cinco récords do club lugués na liga ACB
O Rio Breogán, cuarto clasificado con 4 triunfos nas 6 primeiras xornadas
Grande inicio de temporada o que está asinando o Rio Breogán, cuarto clasificado con 4 triunfos nas seis primeiras xornadas.
A de Manresa foi algo máis ca unha simple vitoria. No Nou Congost o Breogán asinou ata 5 récords do club lugués na liga ACB.
Derrotou a Manresa por 36 puntos de diferenza. Alcanzou os 106 puntos de anotación.
Foi capaz de anotar 41 puntos nun cuarto, o equipo logrou 147 puntos de valoración e ademais, o Breogán asinou 27 asistencias. A de Manresa foi unha vitoria repleta de récords.
🔝 Partido de récords para Río @CBBreogan en #LigaEndesa
— Liga Endesa (@ACBCOM) October 29, 2022
✅ Iguala su máxima diferencia
✅ Mayor anotación como visitante
✅ Récord de puntos en un cuarto
✅ Récord de valoración
✅ Récord de asistencias https://t.co/rUJiSIcfMn