Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán acada unha malleira histórica contra o Real Madrid no Pazo (96-72)

O Breogán acada unha malleira histórica contra o Real Madrid no Pazo (96-72)

Os de Mrsic racharon o partido no terceiro cuarto cun parcial de 18-2

No día da volta de Musa, chegou a décimo terceira vitoria

Foto: EFE
G24.gal 08/04/2023 21:17

O Breogán acadou a décimo terceira vitoria da temporada, que o devolve de cheo á pelexa por entrar no play off, e foi ademais un triunfo contra o líder e por malleira. 96 a 72.

Foi nunha xornada que comezaba con festa polo retorno de Zanan Musa. Gran recibimento ao bosníaco. O xogador máis valorado da campaña anterior recibiu en Lugo o agarimo dos que foron os seus seguidores. Mesmo deixou escapar algunha bágoa nunha emotiva tarde no regreso do mellor xogador da historia do Breogán.

Despois, no partido, o Breogán deu a cara en todo momento. Marchou ao descanso cunha vitoria por cinco puntos. E foi no terceiro cuarto cando rachou o partido cun parcial de 18-2.

A partir de aí foron constantes as vantaxes superiores aos 20 puntos dos de Mrsic, que se mantiveron ata o final. 24 puntos de diferenza con papel destacado de Holatch, que anotou 21 puntos e repartiu seis asistencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade