Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Breogán comeza a segunda volta cunha malleira sobre o Granada (99-67)

O Breogán comeza a segunda volta cunha malleira sobre o Granada (99-67)

Unha semana despois de quedaren ás portas da Copa, os de Mrsic deron un festival

Durante o partido gozaron dunha vantaxe de 44 puntos, a maior da súa historia

Foto: EFE
G24.gal 28/01/2023 21:31

Un parcial de 20-0 no primeiro cuarto, cando o Breogán perdía por dous a catro, encarrilou o partido para os lucenses que foron aumentado a vantaxe segundo avanzaba o encontro grazas a unha espléndida defensa.

Vintecinco perdas provocaron os breoganistas que souberon aproveitar nos contraataques cunha porcentaxe do 69 por cento nos lanzamentos de dous.

Tras chegar con dezasete puntos de vantaxe o remate do primeiro cuarto, os galegos propuxéronse ir marcándose pequenos retos. 

O primeiro, superar os dez puntos cos que o Granada gañou na primeira volta, obxectivo que os locais aseguraron o descanso cunha diferencia favorable de 35 puntos.

As diferenzas foron aumentando o longo do terceiro cuarto no que o Breogán acadou unha máxima de corenta e catro puntos logo dunha tripla de Nenadic, o que supoñía a mellor diferenza dos celestes nun partido da Liga ACB.

Sen embargo, un parcial de 16-25 favorable os granadinos deixou o resultado no 99-67 final que lles permite os lucenses sumar a súa novena vitoria. Bamforth  e Happ, con dezaseis puntos cadanseu remataron como máximos anotadores dun equipo que volveu brillar cunha nova exhibición coral.

Veljko Mrsic resumiu o partido cunha afirmación pouco habitual: "Fixemos un primeiro tempo perfecto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar