Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Bosque Máxico de Bonxe

O Bosque Máxico de Bonxe

Un mundo de fantasía poboado polas fadas
 

G24.gal 07/05/2023 20:39 Última actualización 07/05/2023 20:46

Tarde solleira e ganas de coñecer un lugar tan senlleiro foron os dous factores que axudaron a que O Bosque Máxico de Bonxe estivese este domingo cheo de xente.
As casiñas e os obradoiros das fadas, agochadas baixo os carballos son máis ca un incentivo para visitar un espazo que acubilla un mundo cheo de fantasía.

Mediante esta fábula onírica e artesanal tamén se intenta transmitir unha mensaxe que alente o respecto ás árbores, á natureza e á convivencia.
Chama a atención cada detalle desta fantasía recreada.

En total é unha hectárea e media dedicada á ilusión. Un traballo arduo no que colaboraron varios artistas e artesáns.

Os primeiros visitantes quedaron engaiolados.

Nun futuro, esta recreación orientarase ao turismo e acollerá unhas cabanas que, xunto con este tipi, darán acubillo a quen queira pasar a noite neste bosque máxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade