Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bono cultura está sendo un éxito e algunhas librerías xa o esgotaron

O bono cultura está sendo un éxito e algunhas librerías xa o esgotaron

Este xoves remata o prazo para os establecementos que queiran adherirse ao programa 

Xa hai uns 39.000 usuarios que están facendo uso do bono

G24.gal 18/11/2021 16:32

Este xoves remata o prazo para que os establecementos que así o queiran poidan adherirse ao programa do Bono Cultura da Xunta, unha iniciativa para reactivar o sector cultural que está tendo moi boa acollida.

Así o confirman algúns libreiros: "Está funcionando moi ben, de feito algúns xa non poden trocar máis bonos cultura porque xa chegaron ao límite de bonificación establecido pola Xunta". 

É o caso dunha librería de Vigo, que xa recibiu o aviso este luns de que chegara ao tope. Así o relata un dos seus dependentes, Beni Bermúdez: "Non sabiamos con exactitude esa cantidade pero si que intuïamos que había de faltar pouco para chegar ao límite, porque si que estabamos vendo bastante afluencia de xente, sobre todo adiantando as compras daqueles libros para regalar agora nestas datas".

Agora aos seus clientes non lles queda outra que ir mercar os libros a outras librerías, e iso que aínda no chegou o Nadal. A outros establecementos a aínda lles queda marxe. Unha boa parte dos 39.000 beneficiarios que tiveron a sorte de adquirir o Bono Cultura xa están facendo uso del.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade