Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Boiro xogará contra un equipo de Primeira División na Copa do Rei

O Boiro xogará contra un equipo de Primeira División na Copa do Rei

Derrotou o C. D. Monte de Cantabria por 0-1 na eliminatoria previa que enfrontaba os equipos de Preferente

G24.gal 12/10/2023 19:48

A Copa do Rei estanos a deixar nestes últimos anos fermosas historias. Unha deles vivirana en Boiro nas vindeiras datas cando reciban no campo de Barraña un equipo de Primeira División. Na eliminatoria previa que enfronta a equipos de Preferente Autonómica, o equipo de Boiro derrotou o C. D. Monte de Cantabria por 0-1 cun gol de Emilio Carril (minuto 40). 

Barraña volverá vivir unha gran noite de fútbol, igual que aconteceu nas épocas do equipo na Segunda División B ou co ascenso á categoría de bronce do fútbol español. Era un premio demasiado grande para calquera dos dous equipos como para desaproveitalo, e o cadro dirixido por Anxo Casalderrey realizou un partido moi completo no aspecto defensivo e xestionou á perfección o tanto marcado por Emilio, un dos mellores amigos de Borja Iglesias. 

Agora todo Boiro estará pendente do sorteo que o emparellará a un dos dezaseis equipos da máxima categoría que entren no bombo nesta primeira eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar