Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG esixe medidas urxentes para darlle osíxeno os sectores produtivos e as familias

O BNG esixe medidas urxentes para darlle osíxeno os sectores produtivos e as familias

Convocan unha manifestación para o 3 de abril en Santiago

G24.gal 21/03/2022 12:49

O BNG chama á mobilización social para esixir medidas que axuden a familias e empresas a facerlle fronte á crise de prezos. Convocan unha manifestación para o 3 de abril en Santiago, ante unha situación que a voceira nacional, Ana Pontón, cualificaba de moi preocupante e que esta a pór en risco milleiros de postos de traballo.

Farán presión nas rúas, pero tamén nas institucións onde contan con representación. Esixen axudas directas para os sectores máis afectados, unha intervención nos prezos enerxéticos ou a rebaixa de impostos e peaxes.

"Facemos un chamamento a todos os sectores sociais a mobilizarse con nós e a estar nas rúas demandando unha saída xusta e galega a unha crise económica e que se tomen medidas xa para evitar o colapso dos sectores económicos", dixo Ana Pontón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade