Publicador de contidos

Publicador de contidos

O belén do señor José de Parada de Sil recrea os traballos do campo e os oficios

O belén do señor José de Parada de Sil recrea os traballos do campo e os oficios

Pode verse exposto na capela de san Ramón todos os días desde as dez da mañá ata as seis da tarde

Ocupa 40 metros cadrados e ten máis de 200 pezas e figuras feitas á man por un veciño artesán

O belén do señor José recrea os labores do campo e oficios da zona da Ribeira Sacra.
G24.gal 02/12/2021 21:02

Vaise achegando o tempo de Nadal e xa comezan a instalarse os tradicionais beléns nas casas e en lugares públicos das vilas e das cidades. Hoxe imos coñecer no concello ourensán de Parada de Sil o belén do señor José. 

O belén do señor José conta con máis de 200 pezas elaboradas con barro sen cocer, madeira e cartón. Con moita mestría o artesán da madeira de Parada de Sil recreou os oficios tradicionais, os traballos do campo e os monumentos da zona, como o mosteiro de Santa Cristina ou a casa do concello de Parada de Sil. 

"É un belén típico galego que representa as cousas da aldea e oficios...". Fíxoo o meu pai, cando se xubilou, el era carpinteiro e para pasar o tempo foino facendo. El sempre estaba facendo figuras", conta Celso Campo, fillo do autor do Belén. 

Ocupa 40 metros cadrados, practicamente todo o espazo da capela de San Ramón onde está exposto de xeito permanente.

"Estaba bastante deteriorado e hai tres ou catro ano o Concello conseguiu que un grupo de restauradores de Pontevedra e estiveron aquí tres meses restaurando as figuras", explica Celso Campo. 

O fillo do señor José di que o Concello de Parada de Sil o convenceu para que estivese na capela e puidera ser visitado por todo aquel que queira. 

O belén pode ser visitado todos os días da semana de dez da mañá a seis da tarde, tan só hai que pedir as chaves no bar-supermercado Casa Pepe e gozar das súas figuras únicas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade