O Baxi perde a Julie Pospisilová, unha das súas mellores xogadoras nas dúas últimas tempadas
A Internacional checa aproveitou as súas redes sociais para comunicar a súa decisión
Gala Mestres é a única xogadora que renovou o seu contrato
Julie Pospisilová non formará parte do novo proxecto deportivo do Baxi Ferrol para a próxima tempada, na que no equipo ferrolán volverá competir na liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino español, así como na Eurocup Women por segunda campaña consecutiva.
A Internacional checa aproveitou as súas redes sociais para comunicar a súa decisión:
"Grazas a Ferrol, ás miñas compañeiras e á afección, por ser unha parte especial da miña viaxe. Decidín aproveitar unha nova oportunidade e por iso non volverá a próxima tempada".
O Baxi perde a unha das súas mellores xogadoras nas dúas últimas tempadas. Unha xogadora todo terreo que xogou un papel decisivo nos éxitos do equipo de Lino López nas dúas últimas campañas.
Gala Mestres é a única xogadora que renovou o seu contrato.