Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi volve a Galicia tras levar con orgullo o nome de Ferrol por Europa

O Baxi volve a Galicia tras levar con orgullo o nome de Ferrol por Europa

O equipo chegou a Narón ás seis da tarde onde foi aclamado por moitos afeccionados

Na súa primeira participación continental o equipo ferrolán foi a revelación da Eurocup meténdose na final e ofrecendo un gran espectáculo de xogo e ambiente nos seus partidos

G24.gal 02/04/2025 23:30 Última actualización 03/04/2025 18:27

O Baxi xa está en Galicia. O equipo chegou a Narón ás seis da tarde onde foi aclamado por moitos afeccionados.

Para sempre quedará esta participación do Baxi Ferrol na Eurocup na memoria dos afeccionados galegos ao baloncesto. O modesto equipo ferrolán paseou por primeira vez nun torneo continental con fachenda o nome de Ferrol por toda Europa. Derrotou grandes clubs e chegou desde a fase previa ata a gran final na que perdeu contra o último subcampión da Champions de baloncesto feminino. 

A palabra "orgullo" era a máis escoitada entre os adestradores e as xogadoras. Polo xeito de afrontar cada un dos partidos da competición e de competir nun terreo descoñecido. A afección festexou a carón dos seareiros franceses porque o Baxi tamén conseguiu o seu título nesta Eurocup, o de enganchar a unha cidade ao baloncesto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos