Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Baxi Ferrol gaña na prórroga ao Araski grazas a un parcial final de 10-0

O Baxi Ferrol gaña na prórroga ao Araski grazas a un parcial final de 10-0

O equipo ferrolán suma un novo triunfo ligueiro antes de afrontar un novo compromiso europeo en Polonia

G24.gal 19/10/2025 14:59

O Baxi Ferrol sumou un novo triunfo na Liga Feminina de baloncesto. Tivo que sufrir diante do Araski que levou o partido á prórroga despois dunha gran remontada no último cuarto. Ao descanso o Baxi ensinaba o seu bo momento cunha vantaxe de nove puntos (29-20) que conseguía manter no terceiro período (48-40). Pero no derradeiro período o Araski reaccionou, chegou a poñerse por diante e acabou forzando a prórroga (58-58). Puido resolver o equipo ferrolán cunha falta asubiada a Claire Melia pero os colexiados acabaron decidindo que estaba fóra de tempo. 

O tempo suplementario comezou mal para o Baxi (59-62) pero a reacción resultou inmediata. De aí ao final o parcial foi de 10-0 e permitiulle sumar a vitoria. Daniels, con 21 puntos, liderou o ataque ferrolán secundado por Blanca Millán e Mora Joiner. 

O equipo de Lino López segue co seu ritmo frenético de competición e tocará afrontar unha viaxe longa ata Polonia onde disputará este mércores a terceira xornada da Eurocup Women (18:00 horas, G2). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar