Cargando resultados...
O Baxi Ferrol cae con contundencia en Xirona (93-62)
Foto: @UniFerrol
G24.gal
12/10/2025 20:41
Na segunda xornada da liga Endesa o Baxi Ferrol perdeu na cancha do Xirona de 31 puntos: 93 a 62.
O equipo de Lino López sempre estivo por detrás no marcador e loitou por manterse dentro do partido ata o descanso, pero un parcial de 13-0 acabou con toda resistencia ferrolá.
O Xirona foi superior, cunha pletórica Coulibaly que anotou 26 puntos e capturou 10 rebotes. Polas ferrolás destacou a norteamericana Joiner, que sumou 15 puntos.
O Baxi terá que repoñerse para o partido da Eurocup que xogará este mércores na Malata ante o Ostrava eslovaco. Poderán seguilo en directo na TVG2.