Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol busca sorprender a Zaragoza, último campión da Copa da Raíña

O Baxi Ferrol busca sorprender a Zaragoza, último campión da Copa da Raíña

O partido pecha os cuartos de final, e o cadro de Lino López acode "sen complexos" á cita

G24.gal 21/03/2024 21:00

Este venres arranca en Huelva o soño da Copa da Raíña para o Baxi Ferrol. O equipo que dirixe Lino López enfrontase en cuartos ao Zaragoza, as actuais campioas. Todo un premio pola gran temporada do Baxi Ferrol, que é sexto na liga feminina.

O partido, a priori, ten un claro favorito porque o Casademont ten un gran potencial, ocupa o terceiro posto na Liga Iberdrola e ten como un dos obxectivos da temporada repetir éxito na competición de Copa. Conta cun cadro moi amplo, en que destacan Leonie Fiebich, Vega Gimeno ou Mariona Ortiz. 

No Baxi acoden sen complexos e sen nada que perder á cita. Para o seu adestrador Lino López: "O Baxi vai co obxectivo de gozar, independentemente do rival. Só enfrontarnos a estas xogadoras é un premio, era impensable estar aquí a estas alturas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos