Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi Ferrol acada a clasificación para a Copa da Raíña

O Baxi Ferrol acada a clasificación para a Copa da Raíña

Gañou na pista do IDK en San Sebastián e asegurou o oitavo posto

Agardando o seu erro estaba o Ensino pero a gran vitoria en Zaragoza non lle valeu para meterse na Copa

G24.gal 03/01/2024 21:57

O Baxi Ferrol dependía de si mesmo para conseguir a clasificación copeira e logrou o triunfo na pista do IDK Euskotren que lle permitiu manter a oitava posición ao final da primeira volta (58-66).

Foi unha vitoria sufrida e traballada, encamiñada no segundo cuarto (13-21) para chegar ao descanso cunha vantaxe de 34-43. O partido complicouse no terceiro período pero no último as xogadoras de Lino López aguantaron o acoso local e conseguiron levar o triunfo. 

Gala Mestres (19 puntos) foi a máis destacada dentro do bo nivel xeral dun Baxi que poderá gozar dunha xornada histórica na Copa. 

O Ensino quedou ás portas. Precisaba gañar na complicadísima pista do Zaragoza e que o Baxi non o fixese. Cumpriu o seu cometido pero dependía doutro resultado. Aínda así a vitoria contra o Casademont por 66-80 ten un gran peso que debe dar azos á hora de afrontar a segunda volta. 

Partidazo de Esther Castedo (21 puntos) e de Tate (18). Nun equipo que non puido contar co seu referente ofensivo, Blanca Millán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos