Cargando resultados...
O Baxi defende o liderado en Ostrava "sen escusas" polo calendario
Lino: "Non podemos queixarnos de viaxar e de xogar partidos seguidos"
G24.gal
04/11/2025 11:56
Última actualización 04/11/2025 12:01
O Baxi segue co apertado calendario que esta semana o sitúa na República Checa. É a quinta xornada da fase de grupos e defende o liderado na casa do Ostrava. Partido que ofrecerá a G2 e AGalega.gal este mércores.
O cadro de Lino López gañoulle ao Ostrava en Ferrol con facilidade. O adestrador foxe das escusas relacionadas co calendario. O Baxi, que vén de perder na liga, está xogando cada tres ou catro días.
"Non podemos queixarnos de viaxar e de xogar partidos seguidos. Hai que gozar".
Á volta da República Checa xogará o venres na casa do Cadi La Seu.