Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Baxi agarda medrar no económico para poder manter a meirande parte do equipo

O Baxi agarda medrar no económico para poder manter a meirande parte do equipo

"Oxalá a marea de felicitacións arrastre moitos socios e patrocinadores", apuntou o técnico Lino López no balance final da campaña

G24.gal 30/04/2024 21:02

Extraordinaria temporada que acaba de realizar o Baxi Ferrol pelexando no play-off polo título e xogando a Copa da Raíña. Todo no ano do regreso á máxima categoría. Lino López seguirá á fronte e agarda que grazas á excelente campaña o proxecto poida medrar.

O adestrador foi unha das voces que fixo balance da temporada: "Esta marea de felicitacións e eloxios, o que vivimos nos últimos partidos na Malata ... Oxalá que arrastre a moita xente a facerse socia, e a empresas e entidades que nos boten unha man". Esta temporada o Baxi era un dos orzamentos máis baixos da categoría e agardan que os bos resultados lle permitan medrar no aspecto económico. 

Iso tamén vai ligado ao equipo da vindeira temporada. O Baxi ofreceulle a renovación a todas as xogadoras pero son conscientes de que algunhas non van seguir no proxecto: "Os bos resultados fan que as xogadoras se revaloricen e que todos os equipos pregunten por elas e teñan ofertas que para nós son inalcanzables", recoñeceu López. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar