O 'batch cooking' imponse como tendencia á comida rápida
A falta de tempo fai que cociñar sexa un luxo que moitos non se poden permitir durante a semana
O batch cooking permite planificar o menú para toda a semana sen caer na comida ultraprocesada
Con cociñar unhas horas sería suficiente para comer durante o resto dos días da semana. Nisto consiste o batch cooking, en deixar preparados alimentos para almacenar de xeito individual cando no día a día non hai tempo para preparalos.
O método evita que recorramos á comida rápida e ultraprocesada, e permite planificar os menús e facelos máis equilibrados, pero, ollo, porque hai que ter coidado coa súa conservación se queremos que aguanten ata o final da semana.
A tendencia vémola tamén nas tendas especializadas que ofrecen menús preparados en envases individuais.
As friameiras convértense nas mellores aliadas contra a falta de tempo para facer máis fácil e saudable a vida moderna.