Publicador de contidos

Publicador de contidos

As 'gildas' reinan de novo nos aperitivos

As 'gildas' reinan de novo nos aperitivos

O petisco que triunfou nos anos 40 volve estar de moda 

Leva bocarte, oliva e piparra, e é diferente das banderillas, que admiten mais combinacións

G24.gal 29/09/2025 14:15

Segundo a lenda, a gilda naceu en Donostia nos anos 40. A un cliente do bar Vallés deulle por inserir nun pau os tres petiscos que lle puxeron co viño: unha piparra, unha oliva e un bocarte. E como eran os tempos do boom da película de Rita Hayworth, bautizaron o petisco como gilda, porque dicían que era verde, salgado e picante coma ela.

Foi un clásico dos bares en toda España, e agora volve con forza. Sábeno no bar La Tiquismiquis e segundo Raquel Carpintero, as gildas están de moda.

"É un petisco fresquiño, que sempre entra ben cun aperitivo, cunha cervexa ou vermú. Aquí témolas con chacina sobre un bloque de queixo manchego, ou matrimonio, a de toda a vida que é con bocarte, oliva e piparra, que sempre lle dá un toque picante". 

Rosi Cameselle, da Charcutería Vacey, recoñece que a febre polas gildas está a notarse nos seus estantes. "Esta fin de semana esgotouse todo o que tiñamos na tenda. É algo que, sempre no verán sube o consumo deste tipo de produtos, porque é moi cómodo par un petisco cos amigos, coa familia".

Non hai que confundir a gilda, máis propia do norte de España, coa banderilla. Explícao Rosi Cameselle, que di que "as banderillas non inclúen os bocartes. Normalmente levan o cogombro máis grande ou máis enteiro. A gilda alterna o bocarte ou a anchoa e dá outro sabor totalmente diferente. É mais típico do norte e máis intenso de sabor".

Agora, nestes tempos de esferificacións e cociña molecular, este clásico volve estar de moda nas nosas barras e mesas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade