Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Básquet Coruña quere manterse con vida na eliminatoria contra o Xirona

O Básquet Coruña quere manterse con vida na eliminatoria contra o Xirona

Os catalán dominan a serie logo de gañar os dous primeiros partidos

O partido verase pola G2 este xoves ás 20:30 horas

G24.gal 01/06/2022 19:32

O Leyma Básquet Coruña xoga este xoves o terceiro partido da serie contra o Xirona de Marc Gasol. O equipo coruñés chega con toda a presión ao encontro porque non conseguiu gañar ningún dos dous primeiros partidos da serie. O equipo de Sergio García precisa unha fazaña, gañar os dous partidos de Riazor e xogarse o todo polo todo no quinto e definitivo partido na pista do seu rival. 

"Temos que pensar en facelo mellor e deixar ao marxe si vai ser ou non o último partido da temporada", aseguroulle á Televisión de Galicia o adestrador coruñés. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade