O Básquet Coruña ficha o escolta estadounidense Paul Jorgensen
O club destaca que se trata "dun excelente manexador, moi habilidoso co balón nas mans, o que lle outorga unha gran solvencia no un contra un e no camiño cara ao aro"

O Leyma Básquet Coruña anunciou este martes a fichaxe do escolta estadounidense, con pasaporte italiano, Paul Jorgensen, quen procede do Fuenlabrada, co que disputou a fase final polo ascenso á Liga Endesa.
“Trátase dun excelente manexador, moi habilidoso co balón nas mans, o que lle outorga unha gran solvencia no un contra un e no camiño cara ao aro. Ofensivamente conta con amplitude de recursos, destacando a súa versatilidade en situacións de bloqueo directo e a súa capacidade para facer tiros tras saída de indirectos”, destaca o club laranxa no seu comunicado.
O novo xogador laranxa debutou na NCAA con The George Washington University, onde permaneceu ata a tempada 2016-17, cando asinou por Butler University, tamén na NCAA.