Cargando resultados...
O Básquet Coruña conxúrase para levar a eliminatoria ao quinto partido
O Xirona foi superior os dous primeiros encontros pero o cadro coruñés agarda trocar a dinámica en Riazor
G24.gal
30/05/2022 22:10
Non comezou ben o play-off para o Básquet Coruña: dúas derrotas en Xirona contra o equipo de Marc Gasol. A última, ademais, por unha diferenza avultada.
Agora é tempo de darlle a volta á situación na casa. O play-off trasládase á Coruña, a Riazor. O xoves pola tarde. Aí os de Sergio García buscarán neutralizar a circulación de balón dos cataláns e o seu acerto dende a liña de tres para remontar a eliminatoria.