Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía prende os supostos autores dun roubo nun bar do barrio coruñés de Monte Alto

A policía prende os supostos autores dun roubo nun bar do barrio coruñés de Monte Alto

Está previsto que os arrestados pasen a disposición xudicial este mares

G24.gal 29/05/2023 14:37

Na Coruña, a Policía Nacional logrou prender dúas persoas, un home e unha muller, como supostos autores dun roubo nun bar do barrio de Monte Alto.

Contra as dúas da mañá, os ladróns, tras forzar a reixa e unha porta cunha pata de cabra, lograron acceder ao interior do negocio. Porén tiveron que fuxir antes de se facer con ningún botín, porque a policía xa ía de camiño. 

Con todo, volveron entrar máis tarde e conseguiron roubar a caixa rexistradora con todos os cartos da recadación do día. Está previsto que mañá pasen a disposición xudicial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade