Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona ergue a Supercopa feminina (2-0)

O Barcelona ergue a Supercopa feminina (2-0)

O Real Madrid volve perder co Barcelona malia que estiveron metidas no partido ata o último minuto

Marcaron Brugts e Alexia Putellas de penalti

G24.gal 25/01/2026 10:57

O Barcelona  demostra que non ten rival en España. Gañoulle a Supercopa ao Real Madrid. Brugts rematou coa testa un saque dende o curruncho botado por Mapi León. Era o minuto 28. As culés dominaban o balón e o Madrid intentaba correr.

A piques estiveron de empatar antes do descanso, o disparo de Dabritz estrelouse no longueiro. As brancas estiveron mellor que noutros partidos grazas á súa porteira Misa. A ex deportivista evitou que a renda fora maior. Ata o engadido, ata o penalti de Sheila a Pajor. Marcou Alexia Putellas para darlle o Barcelona a sexta Supercopa, a quinta consecutiva.

Por moito que o Madrid intente achegarse, a superioridade do Barcelona segue a ser clara.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade