Cargando resultados...
O Barcelona agarda que a Supercopa sexa o bálsamo con que deixe atrás as dúbidas
Enfróntase ao Osasuna nunha semifinal en que parte coa condición de favoritos
G24.gal
10/01/2024 20:34
O Barcelona regresa a Riad coa intención de reeditar o primeiro título da era de Xavi Hernández. A idea é que a Supercopa sexa o bálsamo que lle permita deixar atrás as dúbidas que amosa esta temporada. Fáltalle a autoridade que exhibiu o ano pasado, sobre todo en defensa. E hai un problema co gol, aínda que Xavi lle reste importancia.
O Barcelona medirase cun debutante, o Osasuna. Os de Arrasate, subcampións de Copa, aterran de xeito discreto pero dispostos a todo. Sobre o céspede non estará o Chimy Ávila, que é baixa por unhas molestias musculares.