Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Banco de España recorta case un punto a previsión de crecemento da economía e advirte da escalada da inflación

O Banco de España recorta case un punto a previsión de crecemento da economía e advirte da escalada da inflación

O supervisor deixa no 4,5 % a estimación de crecemento da economía española en 2022

Prevé que o IPC se situará no 7,5 % de media este ano, o dobre do previsto

G24.gal 05/04/2022 14:50

O Banco de España recorta case un punto a previsión de crecemento, como consecuencia da guerra de Ucraína. Sinala que o conflito supón unha "perturbación económica severa" que fai que a economía española medre este ano o 4,5 %, un 0,9 menos ca a anterior proxección, mentres que en 2023 a repunta será dun punto menos do previsto.

O supervisor tamén advirte da elevada inflación: prevé que siga en cotas moi altas, e calcula que rematará o ano nunha media do 7,5 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade