Cargando resultados...
O baixo caudal do río Asneiro dificulta a subministración de auga en Lalín
O concello da capital do Deza decidiu limitar a auga da rega
O río está ao 70% da súa capacidade

Alberto Mancebo
21/07/2022 15:07
Varios concellos galegos xa atenden as recomendacións da Xunta para que limiten o uso da auga. Anticípanse así aos problemas que pode dar a seca en agosto.
Os ríos e os encoros sofren a falta de chuvia deste ano mesmo en municipios historicamente pluviosos coma Mazaricos. Alí xa restrinxiron a rega de xardíns, como tamén o fixeron en Paderne, Frades, Meis e Lalín.
No Deza, o Concello xa no está regando os xardíns e tamén lles pediu aos veciños que fixesen o mesmo coas súas hortas. De igual maneira prohibiron que se enchesen as piscinas, como nos contaba esta mañá o concelleiro de Obras e Servizos.