Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte estenderase a todo o litoral da provincia da Coruña

O aviso amarelo por vento no mar na Costa da Morte estenderase a todo o litoral da provincia da Coruña

Tamén hai risco de tormentas na zona leste da provincia de Ourense e no interior da de Lugo

G24.gal 04/07/2022 21:19 Última actualización 04/07/2022 21:54

Na provincia da Coruña, este luns o día comezou con nubes, mais pouco a pouco o ceo foi despexándose.

Iso si, o vento soprou con forza do nordés, sobre todo na Costa da Morte, onde está activado o aviso amarelo por vento no mar con refachos máximos que no caso de Camariñas superaron os 75 km/h.

Tamén na cidade da Coruña se notou a intensidade do vento e máis dun botou man dunha peza de abrigo.

Malia o nordés, o ceo limpo e os 21 graos rexistrados na cidade permitiron gozar dun día de praia.

Máis calor houbo nas provincias de Pontevedra e Ourense.

Na cidade das Burgas, os termómetros rexistraron e mesmo superaron os 30 °C.

A partir desta medianoite, Meteogalicia ampliará o aviso amarelo por vento no mar a toda a costa da provincia da Coruña por refachos que poden superar os 70 km/h.

Tamén anuncia risco de tormentas na zona leste da provincia de Ourense e no interior da de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade