Publicador de contidos

Publicador de contidos

O AVE Ourense-Madrid: case 300 km/h para poder ir e volver no día

O AVE Ourense-Madrid: case 300 km/h para poder ir e volver no día

Políticos e xornalistas compartiron tren na estrea do AVE en probas

 

G24.gal 22/11/2021 15:06

Primeira viaxe en AVE a Galicia, un feito histórico para inmortalizar. Ás 8:45 saía o tren con numerosas autoridades e xornalistas da estación de Chamartín.

Minutos máis tarde xa acadaba unha velocidade de preto de 300 quilómetros por hora. Dúas paradas ata Ourense: unha, en Zamora, onde subiu o presidente de Castela e León; outra, en Seabra, onde subiu o presidente da Xunta de Galicia. Era o treito que quedaba por inaugurar, 100 quilómetros ata chegar a Ourense.

Unha viaxe complicada para os xornalistas polo tema da cobertura, pero moi tranquila, cómoda e sen sobresaltos, onde houbo tempo para tomar café, charlar e pouco máis porque ás 11:05 o tren facía a súa entrada en Ourense, minutos antes do previsto.

Unha viaxe hoxe en probas que será unha realidade a partir do 21 de decembro. Poderase facer o traxecto Ourense-Madrid en dúas horas e cuarto, coa posibilidade de ir e vir no mesmo día.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade