Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Atlético fixo pequeno o City pero faltoulle o gol

O Atlético fixo pequeno o City pero faltoulle o gol

Empate sen goles no Metropolitano nun partido no que mereceron máis os de Simeone

G24.gal 13/04/2022 23:28

Na batalla de estilos gañou Simeone sobre o céspede pero Guardiola pasou a eliminatoria. Moitos criticaron o estilo ultra defensivo do Atlético de Madrid no partido de ida. Ben é certo que deixou a todo un Manchester City nuns números ofensivos moi pobres. 

O obxectivo era chegar con vida ao Metropolitano e alí xogarse as súas opcións. Puido sairlle ben porque o Atlético mereceu moito máis no partido de volta. 

En primeiro lugar converteu ao Manchester City nun equipo vulgar, incapaz de xogar o fútbol de posesión do que presume. Case non apareceu pola área do Atlético nin inquedou a Oblak.

Unha vez conseguido o aspecto defensivo faltaba o ofensivo. Os de Simeone comezaron a arriscar na segunda metade metendo moito máis ritmo pero faltoulles a sorte do gol, e abofé que tiveron oportunidades. Empate a cero final e a eliminatoria decidiuna De Bruyne cunha gadoupada illada no partido de ida. 

O Manchester City xogará diante do Real Madrid unha das semifinais. A outra será a que protagonicen o Vilarreal e o Liverpool. Duelo Premier-La Liga entre os dous mellores campionatos do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade